A Consellería de Política Social a través das Direccións Xerais de Xuventude, Participación e Voluntariado e de Maiores e Persoas con Discapacidade, en colaboración ca Rede de Ocio Inclusivo de Galicia (ROIG), organiza un ano máis unha sesión formativa dirixida ás persoas profesionais do tempo libre, co fin de concienciar, reflexionar e formar sobre a importancia do ocio inclusivo e centrado nas persoas e así atender as necesidades formativas neste ámbito. Os cursos, de carácter presencial, terán lugar o vindeiro sábado 26 de maio no albergue xuvenil de Gandarío, en Bergondo seguindo unha metodoloxía dinámica e participativa.
A aprendizaxe a as vivencias derivadas da participación nun campamento dependen en grande medida de que as/os profesionais coñezan os recursos e estratexias que permitan dar resposta ás necesidades educativas dos nenos e nenas, empregando técnicas e recursos axeitados ás características das persoas.
Sendo conscientes disto e para tratar de que todos os mozos e mozas que participan na Campaña de verán da Xunta de Galicia poidan vivir a experiencia dos campamentos en igualdade de condicións e oportunidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ven de abrir unha convocatoria para que as persoas interesadas poidan formar parte dunha bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional, convocatoria na que se terá en conta a formación especializada neste ámbito.
Consulta aquí o programa do curso «¿Son 1 monitor/a inclusivo/a?»
PRAZAS: Para cada un dos cursos, 25 monitores, monitoras, directores e directoras de tempo libre e de campos de traballo, ou outros/as profesionais do tempo libre con interese en completar a súa formación neste ámbito.
INSCRICIÓN:As persoas interesadas en participar nas accións formativas programadas deberán cubrir este formulario. O prazo para formalizar as inscricións rematará o vindeiro luns 21 de maio. As prazas asignaranse por rigurosa orde de inscrición e segundo a preferencia indicada, en caso de que a persoa estea interesada en ambos cursos (os dous desenvóvense simultaneamente). A obtención de praza dá dereito á comida do día 26 no propio albergue.
O seguinte enlace facilitarache a inscripción cubrindo o formulario citado:
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/14030-formacion-de-monitorado-inclusivo
E para coñecer de forma máis concreta os contidos do curso achegámosche o vínculo no apartado de descargas.