Skip to content
Autismo Bata
Actualidad

6º Festival de papaventos na illa de Arousa 2015

Ola a todos:
Desde o Anpa Torre-Illla e o concello da Illa de Arousa, queremos convidarvos, o vindeiro día 26 de Septembro do 2015, as 17.30h. e na Praia do Bao,  a que un ano mais compartamos xuntos este festival de papaventos.
Unha festa que naceu hai 6 anos para reivindicar os dereitos e a inclusión na sociedade dos nen@s con autismo, da man da Asociación por Dereito,que agora delegou no concello da Illa de Arousa, este pediunos a nosa colaboración e aquí andamos.
O espiritu seguira sendo o mesmo,facernos visibles,gritar os nosos dereitos e suxeitar forte ese soño no que uns poucos (ou quiza moitos) cremos,que é a inclusión, de tod@s na nosa sociedade, sen excepcións, sen peros, sen etiquetas,sen importar sexo,raza,relixión, xero ou diversidade…..
Por iso convidámosvos a pasar unha tarde divertida a nenos e non tan nenos, xuntos agarrando forte esas cometas.
Vos agradeceriamos difusión, é a nosa primeira vez e estamos moi verdes nestas cousas.
Grazas e un saúdo.