Skip to content
Autismo Bata
Actualidad

ANDAINA SOLIDARIA ORGANIZADA POLO CONCELLO DE RIBADUMIA

O Concello de Ribadumia organiza para o próximo 3 de Xuño unha Andaina Solidaria en favor da nosa asociación. Queremos convidar a todo o mundo que lle apeteza participar. A salida será na «rotonda dos castaños» ás 10:30 en Ribadumia e o final da mesma será nos stands da festa. 

 

Coa participación de socios/as, profesionais e familias queremos mostra-lo noso agradecemento ao concello de Ribadumia e aproveitar tamén para compartir un rato xuntos con todas aquelas persoas que queran acompañarnos.

 

Máis información e inscricións:

– 672418619 Enrique

– 986909982 Bata (de 9:00 a 15:00)

– 986718491/99 Concello de Ribadumia