As entidades galegas de discapacidade intelectual comezan unha campaña de protesta

As entidades galegas de discapacidade intelectual

comezan unha campaña de protesta

Este mércores tiveron unha nova reunión.

Alí decidiron facer unha campaña de protesta

para contar nos medios de comunicación,

nas redes sociais e nos seus concellos

o que está pasando no sector da discapacidade intelectual.

Por que fan esta campaña?

Porque din que a situación é moi grave.

O motivo principal é este:

non hai cartos suficientes

para manter os servizos das entidades.

A Xunta de Galicia non actualiza os cartos

que lles dá ás entidades.

Tampouco fala con elas para buscar solucións.

Como será a campaña?

A campaña chámase:

“A discapacidade intelectual en loita.

Sen financiamento non hai futuro”

Todas as entidades da Asemblea

votaron a favor de facer esta campaña.

A campaña terá lugar:

– Nas redes sociais.

– Nos medios de comunicación.

– Nos concellos onde traballan as entidades.

Implicará a:

– Familias.

– Profesionais.

– Á sociedade en xeral.

Cal é o problema?

As entidades levan tempo dicindo

que non teñen cartos suficientes.

Teñen que asumir soas:

– Unha suba dos soldos do 10%.

– Un aumento dos prezos superior ao 10,5%.

– Unha suba do salario mínimo do 18,4%.

Pero a Xunta só lles ofrece unha axuda

que sobe entre un 5,40% e un 7,88%.

Isto non chega para manter os servizos

nin para asegurar os postos de traballo.

A Xunta non responde

A Consellería de Política Social

non fala coas entidades,

a pesar de que llo pediron oficialmente.

Que farán agora?

Se a Xunta segue sen dicir nada,

as entidades van facer:

– Unha rolda de prensa

para explicar o problema en público.

– Un calendario de protestas,

cada vez máis forte.

Eladio Fernández, presidente de FADEMGA di que:

“Esta campaña é moi importante. Non é algo simbólico.

É unha chamada urxente.

Estamos a piques de afundir e a Xunta non fai nada.

As entidades non poden seguir pagando

algo que non lles toca pagar.

É o momento de saír á rúa

e defender os nosos dereitos.”