1º ENCONTRO DE VOLUNTARIADO

O vindeiro 28 de outubro, a Hospedería de San Martin Pinario, en Santiago de Compostela,  acollerá o 1º Encontro de persoas voluntarias; unha xuntanza organizada por FADEMGA na que Bata terá una importante presenza.

Dinámicas, foros e mesmo unha xincana solidaria van ser as protagonistas deste día no que queremos contar coa túa participación para levar o espírito voluntario por todo o noso Movemento Asociativo. 

Este encontro está dirixido a todas as persoas voluntarias e responsables de voluntariado das entidades de FADEMGA, pero tamén a aquelas persoas interesadas en facer voluntariado pero que aínda non se animaron a dar o paso.